A peculiaridade do producto fabricado por Progando®, a cada cliente unha fórmula personalizada independentemente da cantidade de producto demandado, fai que a empresa teña feito un gran esforzo en axilizar ao máximo a loxística de distribución dos nosos pensos.
As mesturas de materias primas individualizadas son distribuidas desde a fábrica de Arteixo en diferentes formatos: Sacos, big-bag ou a granel.
Contemplamos a distribución de todo tipo de productos de gandeiría desde o noso almacén central en Arteixo ou a través das delegacións de que dispoñemos. Temos gran capacidade de distribución de palla y alfalfa aos productores directamente desde a súa orixe.
Millo forraxeiro
Sabendores da importancia que a producción de forraxes na propia explotación ten para a gandeiría de leite en Galicia non dubidamos en botarlle unha man aos nosos clientes-gandeiros para o que traballamos con marcas líderes no sector de producción de millo forraxeiro para ensilar, temos técnicos especialista que lle asesoraran en todo momento do seu bon saber para acadar os mellores resultados na súa colleita. Facemos un seguemento da producción e da calidade das súas colleitas para deste xeito poder acadar os mellores resultados posibles na súa explotación de leite.
Pradeiras
Temos unha ampla gama de sementes para pradeiras polifitas: leguminosas ou gramíneas, de longa ou curta duración. As máis apropiadas para cada tipo de solo ou de condicións de consumo ben sexa silo ou pastoreo.
Previa analítica dos terreos dámoslle recomendacións sobre enmendas calizas a realizar, así como as necesidades de adubos dos cultivos. Fanse analíticas das forraxes unha vez colleitadas para así poder adaptar os concentrados as necesidades dos animais da explotación