Son dous aspectos que cada vez toman maior relevancia e a nivel práctico cando se aborda un deles estase a tratar o outro.
Progando® na súa teima de facer máis rendibles ás explotacións dos seus clientes gandeiros, e sendo consciente das necesidades que teñen as explotacións, ven de desenvolver unha nova liña de producto que encaixa á perfección neste marco, nomeadamente benestar animal, medioambiente e necesidade dos gandeiros.
Dende hai tempo o debate sobre cal debería de ser o tipo de recheo a utilizar nos cubículos, estivo centrado en que este recheo ou cama debería de cumplir varios requisitos: Confortable, aséptico, fácil manexo e que non acurte a vida das instalacións.
Analizando os materiais utilizados nas gandeirías de leite en Galicia vemos que non existen nengún que cumpla todos os requisitos mencionados con anteriorirade. Analizámolos polo miudo:
Serrín: Se ben é confortable e accesible o ser un material orgánico con certa humidade é un bon caldo de cultivo para a proliferación de bacterias e polo tanto da mamite nos animais. Con estas características poderíamos mencionar tamén as virutas e a coda de pino.
Area: Difícilmente accesible, é confortable e cun grao de asepsia importante, o seu principal defecto é que resulta un material moi fricativo con elementos móbiles da explotación (arrobadeiras) e produce un alto desgaste neles, o seu manexo na fosa de purín non é doado.
Carbonato cálcico: O seu grao de asepsia é prácticamente total, así como a súa accesibilidade no mercado, pero ten o problema do seu dificil manexo unha vez que se humedece, endurécese moitísimo.
Chegado este ponto en Progando® mesturando algúns dos materiais anteriormente descritos chegamos a conclusión, despois de ter feito algún proxecto de investigacion no que se avaliou a incidencia de cadros mamíticos na explotación, o custe da cama, así como o grao de confort da mesma, de que a mestura de carbonato cálcico con serrín é o material de recheo que mellor cumple os requisitos que se describiron con anterioridade.
Esta mestura ademáis de aportar comfort aos animais ten unha importancia manifesta á hora de manter o pH dos solos, non esquezamos que conten unha alta porcentaxe de carbonato cálcico, e ademáis pola súa mestura con serrín evita que o amoniaco presente no xurro libérese á atmósfera, incrementando por tanto o valor fertilizante do xurro e diminuindo a súa capacidade de contaminación vía evitar a emisión de gases.