logo
quen somos onde estamos contacto
información comercial
oficinas centrais
galego

Calidade, seguridade alimentaria e costes

O proceso de fabricación de mesturas en Progando® é resultado das seguintes actuacións:

  • A cada cliente unha mezcla, esto quere decir que cada vez que un cliente demanda un pedido de mezcla, ben se lle sirve a que anteriormente estaba consumindo, ben se lle fai unha nova mezcla en base a cambios na alimentación forraxeira dos animais ou outros circunstancias que poden determinar este cambio na composición da mezcla.
  • Maquílase sobre pedido, condicionado polo punto anterior non se fabrica mestura para un cliente ata que existe a demanda da mesma.
  • Non se almacena debido a que non se dispón de instalacións de almacenaxe e que os dous puntos anteriores condicionan que prácticamente todalas mezclas sexan diferentes, un pedido desencadena unha maquila e esta unha carga en cisterna para o seu posterior transporte.

Graficamente o proceso sería o que sigue:

A entrada de materias primas na factoría de Progando® están sometidas a un estricto protocolo a efectos de cumplimento dos requerimentos, que o ordenamento Comunitari fai a través do Regulamento 183/2005, sobre a calidade na fabricación de alimentos para animais.

Ademáis Progando® participa activamente no programa GMP.GALIS que leva a cabo a empresa SANOR.O obxectivo do programa, ben coñecido por todos, reside en un plan de actuación para o incremento dos estandares de calidade e de seguridade alimentaria na alimentación animal en Galicia, mediante un plan integral baseado en criterios de Análise de Perigo e Puntos de Control Críticos.

O programa analiza os riscos existentes nas materias primas que conforman o pensos e establece unha serie de protocolos de actuación para que no caso de que exista algunha alerta saniaria poder facer chegar aos asociados e as autoridades competentes se fora o caso, as medidas que se deben de tomar a cabo.

Básicamente a información que recibimos de SANOR é a través de páxina web da que se dispón: http://gmpgalis.net nela pódense consultar analíticas bioquímicas, microbiolóxicas, de pesticidas e outras, dos barcos que están a descargar materia prima para abastecer ás fábrica de pensos.

A rastrexabilidade (trazabilidade) é outro dos puntos nos que se basea a nosa calidade de fabricación, o noso sistema, plenamente automatizado, rexistra absolutamente todas as materias primas que conforman unha mestura, sendo capaces de determinar a que partida de entrada pertenece cada materia prima que sae das nosas instalacións.

Progando® ten a peculiaridade de facturar aquelo que "exactamente sirve", as nosas etiquetas son transparentes e reflicten con exactitude milimétrica os productos que compoñen a mestura que se lle sirve a cada gandeiro cliente. É esa composición e peso o que se lle factura ao cliente.

A rapidez e a capacidade de adaptación de formulas a realidade cambiante da gandeiría de leite: Prezos, estado fisiolóxico dos animais, variación nas forraxes..., fai que Progando® poda ter unha política de prezos moi beneficiosa para os seus clientes.

Somos rápidos adaptandonos aos cambios nas realidades das explotacións de leite e esto supón unha gran vantaxe económica para as nosas explotacións clientes.

© 2009 - PROGANDO S.L. todos os dereitos reservados.
Páxina optimizada para unha resolución de pantalla de 1280 x 768. Recomendamos Internet Explorer 7 ou Mozilla Firefox 3.0 o superiores. Cumpre CSS 2.1 e Xhtml 1.0
Quen somos | Onde estamos | Contacto | Texto legal | Política de privacidad