logo
quen somos onde estamos contacto
información comercial
oficinas centrais
galego

Prantas par acerramentos

Prantas máis comunes para setos e cerramentos

Tullas
Crecemento rápido, cerramentos tupidos, soporta solos pobres, resiste a seca, as pragas e enfermidades, pouco tolerante a humidade e o mar, de cores verde e amarelo, non ten flor, esixe poda.
Leilandis
Semellantes as tullas. Son de crecemento moi rápido, indicada para cerramentos moi altos, tolera o mar mellor que as tullas, precisa podas moi fortes.
Photinias
Resistente o mar, soporta todo tipo de solo. Os brotes son de cores vermellos e semellan flores, de crecemento moderado
Metrosideros (Pohuketawa)
Moi indicados para a beira do mar, teñen a flor vermella e non toleran as xeadas.
Evonimus (Boretero):
Moi indicada para a beira do mar, as follas son xaspeadas de verde-amarelo-branco, (segundo as variedades), moi sensible ao oidio en zonas do interior.
Buxos
Moi versátiles para cerramentos altos ou baixos, crecemento rápido ou lento, tolera podas drásticas e solos diferentes asi como as enfermidades, prefire zonas sombreadas.
Liguistro (Mirtos)
Hai moitas variedades, con carácter xeral, son resistentes e de crecemento rápido.
Callistemuns
Crecemento medio, caracterizada pola bonita flor roxa, tolera solos pobres pero non a humidade, tolera bastante ben o mar, non resiste xeadas fortes.
Loureiro común (Salseiro)
Crecemento rápido, resistente os frios e as enfermidades e a diversos solos, tolera a poda e o mar.
Loureiro romano (Real)
Similar o anterior, non resiste tan ben o mar, aconsellado para setos altos e cortaventos.
Camelias
Ademais de cerrar, producen moita flor no outono e no inverno, existen variedades olorosas de porte baixo, son moi resistentes e toleran ben a poda.
Acebos
Indicados para cerramentos defensivos, moi resistentes, hainos de cores verde, amarelo-verde, branco-verde, ten boliñas vermellas moi significativas e bonitas.

Trepadoras máis comçuns para cerramentos e parras

Bouganvillas
Moi apreciadas polo seu colorido no verán, a cor lila é moi resistente ao frio e ao mar. As cores vermello, branco, amarelo e laranxa son mais sensibles.
Glicinia (wisteria)
Grandes e característicos racimos florais antes da folla, hainas de cores lila, branco e rosa, a folla e caduca, moi resistentes ao frio e ao mar.
Xazmin (jazmín polyarithun)
Moita flor cor blanco-rosado a comenzos da primavera, folla perenne, moi vigorosa, ideal para terrazas
Falso xazmin (Solanun)
Floración abundante dende marzo a o outono, de cor blanco non é aromática, folla perenne e de moito crecemento
Pasiglora (Flor da pasión)
Existen dous grupos de variedades.Un con flores moi chamativas branco-azulado e froitos de cor laranxa non comestibles. Outro (Maracuya) con follas grandes verde brilante e froito lila comestible con moita vitamina C. As dúas moi resistentes e vigorosas.
Bignonias ou campsis
Moi interesante polo amplo abano de cores, para zonas costeiras, hainas de folla perenne e caduca, moi resistentes.
Madreselva
Flores aromáticas, moi rústica e vigorosa, con cores suaves dende o branco, ao laranxa e amarelo.
Clematis
Folla caduca, moi apreciada pola sua flor grande de cores fortes vermello, azul, branco ou rosa. Crecemento lento.
Parra virxe
Folla caduca de cor verde no verán e vermello no outono, ideal para tapar muros ou cubrir paredes da casa, tolera o pleno sol, trepa por calqueira superficie.
Hedras
De folla perenne é moi rústica, tolera o sol e a sombra. Existen duas familias. Unha de folla grande moi vigorosa e tupida. Outra de folla pequena e crecemento reducido, hainas de cores verdes, amarelos, blancos e xaspeados.

MOI IMPORTANTE
As trepadoras medran de abaixo cara arriba, nuca ao revés

© 2009 - PROGANDO S.L. todos os dereitos reservados.
Páxina optimizada para unha resolución de pantalla de 1280 x 768. Recomendamos Internet Explorer 7 ou Mozilla Firefox 3.0 o superiores. Cumpre CSS 2.1 e Xhtml 1.0
Quen somos | Onde estamos | Contacto | Texto legal | Política de privacidad