logo
quen somos onde estamos contacto
información comercial
oficinas centrais
galego

Somos unha empresa galega especializada en nutrición animal e na distribución agraria. Nacemos no seo da Cooperativa Agraria Provincial de A Coruña (Leyma), para prestarlle servicios ós gandeiros e desenvolver novas tecnoloxías na producción agropecuaria.

Despois de sucesivos avatares empresariais que fixeron que se nos coñecera por diferentes nomes (Corporación Agroalimentaria Gallega S.A., Leyma...), a día de hoxe somos a empresa líder na producción de alimentos para vacas de leite e temos unha extensa rede de almacéns especializados na distribución de productos agropecuarios.

Nutrición animal

Somos especialistas en nutrición animal, colaborando decididamente para moderniza-las técnicas de alimentación das vacas de leite.

Tomando como base os recursos forraxeiros producidos nas propias explotacións, temos o obxectivo de rentabiliza-la conta das explotacións, fabricando os alimentos máis indicados para cada rabaño.

Fomos a primeira empresa en obter un certificado de calidade que non só abrangue o proceso de fabricación dos alimentos, senon tamén a adecuación do mesmo ás necesidades dos animais, o que inquire a constante observación das necesidades do rabaño por un técnico especialista na materia.

Suministros agrarios

Servimos nas explotacións os insumos necesarios para a producción:Adubos, sementes, roupa de traballo, fitosanitarios, forraxes, etc... Tamén temos unha alta capacidade de serville forraxes alfalfa ou palla na súa propia explotación.

Almacéns agropecuarios

Para completar todos os servizos necesarios para os gandeiros, puxemos á súa disposición almacéns-tendas, onde pode adquirir todo tipo de produtos para a súa explotación e para a súa casa.Na liña de dar cada día un servicio máis completo dispoñemos de produtos para a horta e o xardín así como unha ampla gama de alimentos e complementos para os animais de compañía.

© 2009 - PROGANDO S.L. todos os dereitos reservados.
Páxina optimizada para unha resolución de pantalla de 1280 x 768. Recomendamos Internet Explorer 7 ou Mozilla Firefox 3.0 o superiores. Cumpre CSS 2.1 e Xhtml 1.0
Quen somos | Onde estamos | Contacto | Texto legal | Política de privacidad