logo
quen somos onde estamos contacto
información comercial
oficinas centrais
galego

Recomendacións e conceptos para adobar mellor

Adobado de fondo
Consiste en mesturar o adobo elexido coa terra antes de implantar o cultivo. Unha vez traballada a terra, repartiremos a dose que corresponda en dúas pasadas en sentido cruzado, despois daremos outro laboreo para proceder a sementeira ou plantación.
Adobado de coberteira
Implantado ou sementado o cultivo, periódicamente, faremos aportacións de adobo, sin necesidade de laboreos. Se non chove, será necesario regar.
Adobado localizado
En frutais ou determinados cultivos, poremos o adobo perto das plantas, tendo en conta que as raices están a certa distancia do tallo.
Adobos solubles
Que en pouco tempo están a disposición da planta e de non seren aproveitados son arrastrados polas augas. Utilizánse en intres de moito crecemento, na primavera ou no verán con rega.
Adobos de liberación lenta
Permanecen mais tempo no chan e a planta aproveitaos mellor. Adecuados para árbores, céspede, patacas e millo.
Entender aa composición dun adobo (8-14-26)
O primeiro (8) sempre representa a % de Nitróxeno, ó segundo (24) sempre representa a % de Fósforo, ó terceiro (16) sempre representa a % de Potasio . Cando ten mais números dirá o que é cada un. O resto da composición ata cen é excipiente que habitualmente e carbonato ou outro mineral de baixo custe.
Adobos compostos
Que ten varios nutrintes. Debemos coñecer a composición mais axeitada para cada cultivo.
Adobos simples
Só teñen un nutrinte. Son axeitados para correxir desequilibrios ou esixencias coñecidas.
Adobos orgánicos
Proceden de estercos ou material vexetal e animal. Tardan mais tempo en seren asimilados polas plantas, pero melloran a estructura do chan. Moi axeitados para produccións ecolóxicas.
As calizas
Fan que os minerais, queden fixados a estructura do solo e non marchen coa auga. Debemos encalar periódicamente.

PIDA INFORMACIÓN OS TÉCNICOS DE PROGANDO, ELES PÓDENLLE AXUDAR
Tlf: 981 633 378

© 2009 - PROGANDO S.L. todos os dereitos reservados.
Páxina optimizada para unha resolución de pantalla de 1280 x 768. Recomendamos Internet Explorer 7 ou Mozilla Firefox 3.0 o superiores. Cumpre CSS 2.1 e Xhtml 1.0
Quen somos | Onde estamos | Contacto | Texto legal | Política de privacidad