Progando® S.L. é unha empresa adicada a fabricar alimentos para animais de producción. Dentro destes son os rumiantes, e máis concretamente as vacas de leite nas que centramos casi con exclusividade a nosa actividade productiva.
A peculiaridade da fabricación de Progando® estriba na adaptación do alimento ás necesidades que en cada momento teña o rabaño no que se suministre o alimento.
A diferencia doutras rexións productoras de leite, nas que os animais basean a súa alimentación nunhas forraxes producidas fóra da explotación e que, habitualmente son dunha calidade moi estable o longo do ano, en Galicia, a alimentación forraxeira dos animais está baseada, en grande medida na producción de forraxes na propia explotación: herba conservada como silo ou pastada, millo forraxeiro e fenos de herbas de diferentes calidades.
A variabilidade observada na calidade alimentaria dos silos de herba que consumen os animais, as prácticas de pastoreo e a utilización de silo de millo, xunto con condicionantes da propia granxa como poden ser o estado productivo e reproductivo dos animais, aportan tal variabilidade o sistema que fan necesaria a variación da composición do concentrado para equilibrar a ración que reciben os animais.
Outro dos condicionantes que fan que a variación na composición das mesturas que se fabrican nas instalacións de Progando® son os continuos sube e baixa do prezo das materias primas, desde Progando®, sempre se tratará de que a igualdade de calidade, se consiga o prezo máis económico para a alimentación das vacas de leite.
Coma outra empresa calquera Progando®, deberá de xerar beneficios para continuar coa súa actividade, pero non esquece que este beneficion sería un sin sentido, se non redundara a súa vez nas explotacións de leite que atendemos e que entre todos estamos a colocar entres as máis competitivas do País.